lunes, 8 de octubre de 2012



Queridas familias:
        Póñome en contacto con vos para dar conta e invitarvos a todos ao acto que teremos no colexio o próximo venres día 19 de outubro.
        Trátase da presentación oficial dos equipos federados que participan en competición oficial nas seccións de Fútbol, Baloncesto, FSala, Ximnasia Rítmica, Patinaxe, Atletismo e Kárate.
        Vai ser algo ben sinxelo. Trátase de estar todos xuntos e de recordar os obxectivos que a actividade deportiva ten no Colexio Apóstol.
        Primeiro, se a chuvia o permite, faremos a ofrenda dos trofeos gañados a tempada pasada á Virxe do colexio, para a continuación facer todos xuntos a que empeza a ser tradicional foto de familia no campo da igrexa. Quedaremos nos arredores dea Virxe ás 18:00 (importante ser puntuais) para organizarnos por equipos. Despois disto iremos cara a pista cuberta onde haberá unha presentación equipo por equipo, despois da cal a directora e os coordinadores dirán unhas palabras aos nosos deportistas, para rematar  coa foto de cada un dos  equipos co seu adestrador.
        A asistencia dos vosos fill@s é obrigatoria. Deberán vir a ela vestidos co chándal de deportes (o membros do equipo de karate utilizarán o karategui). En caso dos prebenxamíns e os benxamíns que aínda non o teñan, poderán vir con chándal que utilizan na clase de Educación Física.

Recordade:
Ø      DÍA: VENRES 19 de outubro
Ø      HORA:  18:00 na Virxe para organizarnos por equipos
                18:15 Ofrenda dos Trofeos á Virxe
                18:30 no campo da igrexa para a foto de familia.
                18:45 empeza o acto na pista cuberta
Ø      ASISTENCIA OBLIGATORIA DE TODOS OS DEPORTISTAS
Ø      OBLIGADA A UTILIZACIÓN DO CHÁNDAL DE DEPORTE FED
Ø      ¡ESTADES TOD@S INVITAD@S!

        Esperando que sexa algo bonito para todos e un momento para estar xuntos, recibide un saúdo.

1 comentario:

  1. Se a chuvia o permite faremos todo, a ofrenda e a festa. Gracias por invitarnos. Tenemos ganas de volver a ver aos membros do equipo de Kárate.

    ResponderEliminar